Máis éxitos en materia de cláusulas abusivas nos contratos de hipoteca

18/09/2017

O xulgado de Vigo especializado en materia de claúsulas abusivas nas hipotecas, que abarca toda a provincia, vén de ditarnos unha sentenza, en que se declaran abusivas non só a cláusula chan, senón tamén a de xuros de mora, e a de vencimento anticipado.

Isto tradúcese na devolución das cantidades cobradas de máis por cláusula chan, nas cantidades cobradas de maís por xuros por retraso no pago e a limitación da posibilidade de que o banco poda dar por vencido o crédito ante calquera incumprimento no pago.

Todas estas cantidades se incrementarán cos xuros desde que o banco efectuu cada cobro indebido, e ademais o banco queda obrigado a satisfacer as custas do preito ao que se veu avocado o noso cliente.

Un equipo comprometido que dará solución a todos os teus retos legais

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos